Presentacións Orientación Laboral

Debido a alta participación que tivo a charla de orientación laboral que organizamos na Delegación de Estudantes, deixámosvos aquí as presentacións dos 3 poñentes para que vos sirvan de axuda.

De cara a obter feedback dos asistentes, David Cota agradeceríavos que nesta ligazón https://goo.gl/forms/pclRuRy7lWFU6A7A3 responderades en 2 minutos co obxectivo de mellorar a súa comunicación, ou ver se foi de interese para a xente.

 

empleo publico impartida por David Diñeiro

WIT Talento impartida por Manuel Rego

CONSCIENCIA-Y-HABILIDADES-TRANSVERSALES-(parte 1)

CONSCIENCIA-Y-HABILIDADES-TRANSVERSALES-(parte 2) Impartida por David Cota

Moitas grazas a todos pola vosa participación.

Haberá maís charlas en próximas datas!

 


Charla Orientación Laboral

A Delegación de Estudantes organiza o próximo xoves 20 de abril, ás 12h45, unha charla de orientación do mercado laboral dirixida ao alumnado da Escola.

Será unha charla onde se amosarán os distintos vieiros polos que se pode optar no mercado laboral, aínda que pensemos que a única alternativa é o traballo por conta allea nunha empresa privada. Mostraremos cales son as alternativas para que a crise que está a vivir o sector che afecte o mínimo posible.

Contaremos coa presenza de profesionais do sector que darán a súa opinión e de estudantes sumerxidos dentro de novas realidades que son unha alternativa de futuro real, así como as opción existentes dentro da Administración.
Para comezar, Jorge Dacosta, por unha banda, aportaranos unha visión sobre o traballo por conta propia como alternativa laboral viable e cada vez máis atractiva para as novas xeracións. Deseguido, David Diñeiro daranos un enfoque do panorama actual de traballo para os enxeñeiros civís na Administración.
Por outra banda, Manuel Rego de Witt Talento, unha empresa especializada en recursos humanos, ilustrarannos sobre a mellor forma de afrontar a búsqueda de emprego por conta allea, é dicir, a elaboración dun CV axeitado para cada posto de traballo, unha boa carta de presentación, a entrevista, etc.
Por último, pero non por iso menos importante, David Cota, profesor da Escola e profesional do campo da enxeñaría na empresa privada, darannos unha visión global sobre a importancia das habilidades transversais ao longo vida profesional.

Para organizar mellor o espazo e os tempo, pedimos que vos inscribades no seguinte formulario https://goo.gl/forms/XAGclY2xUFb0qRq73

cartel definitivo labora-001

Colaboran connosco o Colexio de Camiños de Galicia e a ETSECCP