CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES, LIBROS E ALIMENTOS

Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos poder axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión debaixo do seu árbol.

Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos que podemos axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión baixo a súa árbore.

Xunto á entrada da Escola dispuxéronse unhas mesas para poder deixar o detalle que consideredes. Como ben pon nos carteis adxuntos, podes entregar dende xoguetes ou libros que xa non precises ata calquer tipo de alimentos para poder doalos (Cáritas, ONG Remar, Franciscanos… dependendo do que consigamos)

Calquera pregunta ou dúbida facedenola chegar a través das nosas redes sociais ou no noso correo electrónico.

ESPERAMOSVOS!
GRAZAS de anteman.


DEBATE ELECCIÓNS REITORÍA UDC

O futuro da Universidade pasa pola Reitoría.

Coñecer o programa dos candidatos é fundamental para votar ao mellor candidato o próximo 4 de decembro. A Delegación de Estudantes organiza un debate entre os candidatos o próximo xoves 28 de novembro ás catro da tarde no Salón de Actos da Escola de Camiños.

É un debate aberto no que os asistentes poderán facerlle preguntas aos candidatos directamente ou a través do correo delegacion.etseccp@udc.es . Poderás seguilo en directo nas nosas redes sociais @decaminosudc.

#ODebateDaUDC #UDC

#UniversidadeDaCoruña #DelegacióndeEstudantes

debate

Bases do Debate á Reitoría 2019-Vfinal


ENTREVISTA AO GAÑADOR DO “PREMIO PROBETA DE OURO” DO CURSO 2018/2019

Como xa é tradición, o gañador do premio probeta de ouro ao mellor profesor da Escola de Camiños da Coruña tense que enfrontar a unha entrevista que lle fai a Delegación de Estudantes, nas que se realizan preguntas moi variadas e que moitas veces non son doadas de contestar.

Queremos agradecer a sinceridade do premiado neste curso 2018/19, o profesor Jesús Fernández Ruiz, que tivo a paciencia de recibirnos no seu despacho para realizala.

Podedes lela aquí: entrevista jesus

IMG


Delegad@s de curso

Dende hai anos, a Delegación de Estudantes co fin de mellorar a comunicación entre o estudantado e a Delegación e incluso coa Dirección da Escola, ven organizando as eleccións a delegad@ de curso.

O papel dos delegad@s é moi importante para @s estudantes por iso é necasario que haxa esta figura en todos os cursos das distintas titulacións que hai na escola.

Para presentarte tes de plazo ata o 28 de setembro cubrindo o formulario nesta ligazón.

 

PARTICIPA E PRESÉNTATE!!!!

 

 

 

delegados

 


Entrevista ao gañador da Probeta de Ouro

Recibir un premio como a probeta de ouro non pasa todos os días, por iso, dende a Delegación de Estudantes quixemos entrevistar a Luis Fuentes, o gañador deste curso 2017/18.

Enfrontarse a unha entrevista da Delegación de Estudantes é o prezo a pagar ao ser nomeado o mellor profesor do curso.

Deixámosvos a continuación a entrevista que lle fixemos, e na seguinte ligazón podedes atopala en formato pdf. Entrevista

Esperamos que vos guste!

123


ENTREGA PREMIO PROBETA DE OURO

Hoxe tivo lugar o acto de entrega do PREMIO PROBETA DE OURO.

Foi un acto no que participaron gran número de estudantes e profesores, que quixeron acompañar aos seus compañeiros e compañeiras, para coller apuntes e así poder chegar a ser eles os elexidos e elexidas para recibir este galardón.

Na seguinte ligazón podedes ver as fotos do acto. https://photos.app.goo.gl/GQGzmMw74rwou3Pw1

O gañador foi Luis Fuentes, que imparte Álxebra no primeiro curso do grao de TECIC.

Os finalistas foron:

Fernando Martínez Abella

Iván Couceiro

Luís Pena

Isabel Martínez

Raquel López

Jacobo Díaz

Luis Ramírez

Ignasi Colominas

Alfonso Orro

gañadores


Mellor profesor da ETSECCP do curso 2017/18

A Delegación de Estudantes ven de convocar o primeiro premio para o mellor prefesore da ETSECCP do curso 2017/18.

Para o proceso, seguirase o reglamento aporbado en pleno o día 9 de abril e que se pode consultar nesta ligazón. https://drive.google.com/file/d/1O06JPCuJbuqrz-u96sDpFbW0XZNycQX5/view?usp=sharing

O proceso de eleccións farase en dúas fases: unha primeira entre os estudantes de cada curso para elexir a un candidato que o Delegado de Curso levará á reunión na que se elexirán os dez candidatos para a segunda fase.

Nesta segunda fase, todos os estudantes da Escola poderán escoller ao mellor profesor do curso entre todos os candidatos según os métodos que se establecerán nas datas indicadas nos distintos taboleiros da Escola.

premiomellor profesor A4-001