Celebrarase unha chocolatada solidaria, na cal, a parte de tomar un chocolate quentiño, cada quen depositará a cantidade que crea oportuno. Os cartos recaudados destinarase á compra de diferentes alimentos para poder doalos como o resto de cousas da campaña de recollida (Cáritas, ONG Remar, Franciscanos… dependendo do que consigamos)
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES, LIBROS E ALIMENTOS
Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos poder axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión debaixo do seu árbol.
Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos que podemos axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión baixo a súa árbore.
Xunto á entrada da Escola dispuxéronse unhas mesas para poder deixar o detalle que consideredes. Como ben pon nos carteis adxuntos, podes entregar dende xoguetes ou libros que xa non precises ata calquer tipo de alimentos para poder doalos (Cáritas, ONG Remar, Franciscanos… dependendo do que consigamos)
Calquera pregunta ou dúbida facedenola chegar a través das nosas redes sociais ou no noso correo electrónico.
ESPERAMOSVOS!
GRAZAS de anteman.
ELECCIÓNS A DELEGADOS DE CURSO
1º CURSO
GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS
DEBATE ELECCIÓNS REITORÍA UDC
O futuro da Universidade pasa pola Reitoría.
Coñecer o programa dos candidatos é fundamental para votar ao mellor candidato o próximo 4 de decembro. A Delegación de Estudantes organiza un debate entre os candidatos o próximo xoves 28 de novembro ás catro da tarde no Salón de Actos da Escola de Camiños.
É un debate aberto no que os asistentes poderán facerlle preguntas aos candidatos directamente ou a través do correo delegacion.etseccp@udc.es . Poderás seguilo en directo nas nosas redes sociais @decaminosudc.
#ODebateDaUDC #UDC
#UniversidadeDaCoruña #DelegacióndeEstudantes
ENTREVISTA AO GAÑADOR DO “PREMIO PROBETA DE OURO” DO CURSO 2018/2019
Como xa é tradición, o gañador do premio probeta de ouro ao mellor profesor da Escola de Camiños da Coruña tense que enfrontar a unha entrevista que lle fai a Delegación de Estudantes, nas que se realizan preguntas moi variadas e que moitas veces non son doadas de contestar.
Queremos agradecer a sinceridade do premiado neste curso 2018/19, o profesor Jesús Fernández Ruiz, que tivo a paciencia de recibirnos no seu despacho para realizala.
Podedes lela aquí: entrevista jesus
Presentacións charlas optativas do MECCP
Nesta ligazón podedes atopar aquelas presentación que os profesores utilizaron nas charlas das optativas. https://drive.google.com/drive/folders/1GqfsRHXSnP7bqWbJe5wp-JmSs93PDeiM?usp=sharing
DELEGAD@S DO CURSO 2018/19
Delegad@s de curso
Dende hai anos, a Delegación de Estudantes co fin de mellorar a comunicación entre o estudantado e a Delegación e incluso coa Dirección da Escola, ven organizando as eleccións a delegad@ de curso.
O papel dos delegad@s é moi importante para @s estudantes por iso é necasario que haxa esta figura en todos os cursos das distintas titulacións que hai na escola.
Para presentarte tes de plazo ata o 28 de setembro cubrindo o formulario nesta ligazón.
PARTICIPA E PRESÉNTATE!!!!
Entrevista ao gañador da Probeta de Ouro
Recibir un premio como a probeta de ouro non pasa todos os días, por iso, dende a Delegación de Estudantes quixemos entrevistar a Luis Fuentes, o gañador deste curso 2017/18.
Enfrontarse a unha entrevista da Delegación de Estudantes é o prezo a pagar ao ser nomeado o mellor profesor do curso.
Deixámosvos a continuación a entrevista que lle fixemos, e na seguinte ligazón podedes atopala en formato pdf. Entrevista
Esperamos que vos guste!
ENTREGA PREMIO PROBETA DE OURO
Hoxe tivo lugar o acto de entrega do PREMIO PROBETA DE OURO.
Foi un acto no que participaron gran número de estudantes e profesores, que quixeron acompañar aos seus compañeiros e compañeiras, para coller apuntes e así poder chegar a ser eles os elexidos e elexidas para recibir este galardón.
Na seguinte ligazón podedes ver as fotos do acto. https://photos.app.goo.gl/GQGzmMw74rwou3Pw1
O gañador foi Luis Fuentes, que imparte Álxebra no primeiro curso do grao de TECIC.
Os finalistas foron:
Fernando Martínez Abella
Iván Couceiro
Luís Pena
Isabel Martínez
Raquel López
Jacobo Díaz
Luis Ramírez
Ignasi Colominas
Alfonso Orro