CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES, LIBROS E ALIMENTOS

Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos poder axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión debaixo do seu árbol.

Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos que podemos axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión baixo a súa árbore.

Xunto á entrada da Escola dispuxéronse unhas mesas para poder deixar o detalle que consideredes. Como ben pon nos carteis adxuntos, podes entregar dende xoguetes ou libros que xa non precises ata calquer tipo de alimentos para poder doalos (Cáritas, ONG Remar, Franciscanos… dependendo do que consigamos)

Calquera pregunta ou dúbida facedenola chegar a través das nosas redes sociais ou no noso correo electrónico.

ESPERAMOSVOS!
GRAZAS de anteman.


ENTREVISTA AO GAÑADOR DO “PREMIO PROBETA DE OURO” DO CURSO 2018/2019

Como xa é tradición, o gañador do premio probeta de ouro ao mellor profesor da Escola de Camiños da Coruña tense que enfrontar a unha entrevista que lle fai a Delegación de Estudantes, nas que se realizan preguntas moi variadas e que moitas veces non son doadas de contestar.

Queremos agradecer a sinceridade do premiado neste curso 2018/19, o profesor Jesús Fernández Ruiz, que tivo a paciencia de recibirnos no seu despacho para realizala.

Podedes lela aquí: entrevista jesus

IMG


Charla Orientación Laboral

A Delegación de Estudantes organiza o próximo xoves 20 de abril, ás 12h45, unha charla de orientación do mercado laboral dirixida ao alumnado da Escola.

Será unha charla onde se amosarán os distintos vieiros polos que se pode optar no mercado laboral, aínda que pensemos que a única alternativa é o traballo por conta allea nunha empresa privada. Mostraremos cales son as alternativas para que a crise que está a vivir o sector che afecte o mínimo posible.

Contaremos coa presenza de profesionais do sector que darán a súa opinión e de estudantes sumerxidos dentro de novas realidades que son unha alternativa de futuro real, así como as opción existentes dentro da Administración.
Para comezar, Jorge Dacosta, por unha banda, aportaranos unha visión sobre o traballo por conta propia como alternativa laboral viable e cada vez máis atractiva para as novas xeracións. Deseguido, David Diñeiro daranos un enfoque do panorama actual de traballo para os enxeñeiros civís na Administración.
Por outra banda, Manuel Rego de Witt Talento, unha empresa especializada en recursos humanos, ilustrarannos sobre a mellor forma de afrontar a búsqueda de emprego por conta allea, é dicir, a elaboración dun CV axeitado para cada posto de traballo, unha boa carta de presentación, a entrevista, etc.
Por último, pero non por iso menos importante, David Cota, profesor da Escola e profesional do campo da enxeñaría na empresa privada, darannos unha visión global sobre a importancia das habilidades transversais ao longo vida profesional.

Para organizar mellor o espazo e os tempo, pedimos que vos inscribades no seguinte formulario https://goo.gl/forms/XAGclY2xUFb0qRq73

cartel definitivo labora-001

Colaboran connosco o Colexio de Camiños de Galicia e a ETSECCP