Titorial: como configurar a WiFi e o correo electrónico da UDC

Configuración da WiFi

A Universidade dispón dunha rede sen fíos que posibilita a conectividade a Internet dende a meirande parte dos seus edificios (a Escola, as aulas de estudo, …) e á cal podemos acceder de tres formas distintas:

  • eduroam: ofrece unha conexión segura e permite conectarnos á rede WiFi doutras universidades como a USC, a UVigo ou incluso noutras no estranxeiro sen ningún paso adicional. A maiores ten a vantaxe de poder ser configurada con tan só introducir as credenciais de usuario, que son as proporcionadas na conta de Servizos da UDC. Esta configuración está dispoñible nos seguintes entornos:
  • udcwifi: tamén ofrece unha conexión segura, non obstante recoméndase empregar de xeito preferente a rede eduroam. A súa configuración faise de xeito manual e é válida tamén para eduroam no caso de non se poder levar a cabo de modo automático. Require a introdución de tódolos parámetros paso a paso e atópase dispoñible nos seguintes entornos:
  • udcportal: só se recomenda o seu uso no caso de non ser posible acceder dalgunha das formas anteriormente mencionadas xa que esta rede non permite unha conexión segura. Para conectarnos a ela é necesario abrir un navegador web e cando tratemos de acceder a calquera web pediránsenos as nosas credenciais de Servizos da UDC.

 

Correo electrónico

Aínda que podemos acceder a través dun navegador web coas nosas credenciais en http://webmail.udc.es, existe outro modo moito máis cómodo de consultar o noso correo sobre todo nun smartphone e para poder facelo tan só deberemos de engadir unha conta de tipo POP  na nosa app preferida (p.e.: Gmail). Os datos que necesitaremos ademais das nosas credenciais son:

Servidor de correo de entrada POP: mail.udc.es, tipo de seguridade SSL e porto 995

Servidor de correo saínte SMTP: smtp.udc.es, tipo de seguridade SSL e porto 465