ELECCIÓNS DELEGADOS DE CURSO

A Delegación de Estudantes da ETSECCP ven de convocar eleccións a delegados de Curso nos Graos e no Mestrado de Camiños, Canais e Portos.

O papel dos delegados de curso é fundamental para ter unha boa comunicación entre os estudantes e os representantes de alumnos nos órganos de goberno da Escola e da UDC.

É por este motivo polo que chamamos á participación do estudantado para presentar as súas candidaturas para as eleccións. Podes presentar a túa candidatura se estás matriculado nalgún curso, cubrindo os teus datos na seguinte ligazón https://goo.gl/forms/cr8U16qGXVKCH88V2 dende o luns 9 de outubro ata o venres 20.

Delegados cartel (2)-001

 

Participa!