INVESTIGACIÓN
A súa investigación circunscríbese, preferentemente, ao ámbito dos firmes de estradas, a geotecnia e os materiais empregados en enxeñería civil. Por tanto, presenta un marcado carácter mustidisciplinar, pertencendo os membros do equipo ás áreas de coñecemento de Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes, Enxeñería do Terreo e Ciencia de Materiais e Metalurgia.
As investigacións realizadas polo CGM están orientadas a colaborar coa sustentabilidade ambiental. A procura e utilización de materiais e tecnoloxías respectuosas co medioambiente, colaborando coa conservación dos recursos naturais e a redución dos gases de efecto invernadoiro, constitúe un piar fundamental para o CGM.

O CGM trata de que as súas investigacións beneficien á sociedade en xeral, buscando solucións aos principais problemas ingenieriles do seu ámbito de actuación..

O CGM contou en diversas ocasións coa colaboración de expertos doutras universidades tanto nacionais (Universidade Politécnica de Madrid, Universidade de Santiago de Compostela) como internacionais ( Universidade do Minho, University of Nottingham), así como con empresas do sector.
As investigacións lévanse a cabo fundamentalmente nas instalacións que o CGM dispón na ETSICCP e no CITEEC.

A maior parte das investigacións realizadas polo CGM foron financiadas por proxectos de I+D+I obtidos en convocatorias públicas. Tamén a colaboración privada foi fundamental para poder levar a cabo as investigacións.

Co fin de transmitir os resultados do seu labor investigador, o CGM asiste a congresos tanto nacionais como internacionais e realiza numerosas publicacions en revistas de recoñecido prestixio.

ASISTENCIA TÉCNICA Y ASESORÍA
Ademais, o grupo CGM realiza as funcións e actividades de asistencia técnica e asesoría a empresas e institucións, en materias tales como o deseño de firmes para estradas, enxeñería de tráfico e seguridade viaria, análise numérica de firmes, cimentacións especiais, mellora do terreo e geotecnología mediambiental, etc.

LABOR DOCENTE
En canto ao labor docente dos membros do CGM, cabe comentar que leva a cabo principalmente na E. T. S.I. C. C. P. da UDC.
Ademais de impartir docencia no Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil, o Grao Enxeñería de Obras Públicas e o Máster en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, diríxense teses de doutoramento, relacionadas coas investigacións do grupo e impártese docencia noutros master, e na Universidade Senior.
Por suposto, o grupo participa en tarefas de innovación docente, recibindo cursos específicos, presentando comunicacións en congresos e xornadas e implementando o uso de novas tecnoloxías e materiais didácticos.
