A DELEGACIÓN

OS REPRESENTANTES DE ESTUDANTES

Os representantes dos estudantes son unha parte importante dentro da Universidade.

A Universidade é unha istitución democrática, isto implica que cando hai que decidir e tomar decisións levanse aos Órganos de Goberno nos que se reunen os membros electos que pertenzan a eles. En todos eles hai representacións de estudantes. Os principais nos que estamos actualmente presentes son os seguintes:

  • Claustro:

Este Órgano de Goberno é o maior dentro da Universidade, xa que exercemos de representantes dos estudantes de toda a nosa Universidade, ven sendo algo así como o Congreso dos Deputados da UDC. Aquí é onde se aproba o informe do reitor, os presupostos da UDC…​

Está formado por representantes de PDI, PAS e estudantes de todas as Escolas e Facultades da Universidade.

  • Consello de Departamento:

Neste Órgano de Goberno é onde se toman decións respecto aos Departamentos, tales como emitir informes de propostas de plans de estudos, asignar aos PDI a sua responsabilidade docente para o curso académico, distibuir a asignación presupuestaria do Departamento… ​

  • Xunta de Escola:

Neste Órgano de Goberno é onde se toman decións respecto á Escola, tales como poden ser aprobación de horarios, calendarios de exames, quinquenios dos PDI, peticións de profesor emérito, presuposto da Escola…

Está formada por representantes de PDI, PAS e estudantes. Actualmente contamos con 20 estudantes na mesma.

  • Comisións:

Neste Órgano de Goberno é onde se divide a toma de decisións da Escola, que logo se aproban en Xunta de Escola, primeiro convocanse as distintas Comisións e unha vez feitos os informes de cada unha delas, levanse a Xunta de Escola na que se busca a aprobación dos membros da mesma.​