RESUMO
É indubidable que a Alta Velocidade
ferroviaria é un éxito. Xa en 1999, unha quinta parte da
oferta de transporte de viaxeiros que realizaban nove
administracións ferroviarias europeas estaba baseada en servizos
de Alta Velocidade (case 53.000 millóns de
viaxeiros•quilómetro), mantendo unha tendencia claramente
crecente nos últimos anos. Actualmente existen en Europa
máis de 3.000 km de novas liñas especialmente
construídas para desenvolver estes servizos y se prevé
que esta rede alcance os 6.000 km en 2010.
O éxito do ferrocarril de Alta Velocidade baséase na
aplicación de solucións tecnolóxicas contrastadas
sobre os tres elementos do sistema: novas liñas especialmente
construídas onde é posible alcanzar velocidades
comprendidas entre 250 e 300 km/h; modernos vehículos
ferroviarios que permiten alcanzar estas velocidades cun alto grado de
confort; e, finalmente, un sistema específico de
explotación que permite ofrecer servizos de alta frecuencia
cunhas tarifas atractivas.
Neste artigo revísanse as consecuencias territoriais dalgunhas
das experiencias internacionais de Alta Velocidade máis
significativas, co fin de extraer pautas xerais que permitan
reflexionar acerca das consecuencias da planificación
ferroviaria en curso en España.