RESUMO
Este artigo
expón o motivo polo que os eixes dun vehículo ferroviario
golpean a agulla recta cando este atravesa o desvío circulando
por vía directa. Este fenómeno foi estudado mediante o
desenvolvemento dun modelo dinámico, cuxa base teórica
tamén exponse. O modelo dinámico permite estudar o
movemento dos eixes sobre o cambio e o cruzamento, proporcionando
información moi interesante relacionada coa velocidade de
circulación, aceleración e forzas de guiado.
Finalmente, o artigo describe dous tipos de modificacións do
cambio (coñecidas como FAKOP e CATFERSAN), que melloran o
movemento dos vehículos ao atravesar o cambio. No artigo
proponse unha modificación da xeometría da contraagulla
recta, coñecida como CATFERSAN, que evita o fenómeno
antes descrito. Esta modificación pode ser facilmente
incorporable tanto en novos deseños de desvíos como en
aqueles xa colocados en vía, mediante unha operación de
corta duración
Descarga do texto completo
Nota: O texto completo só está disponible para os subscritores do servizo Ingenta Connect.