RESUMO

Neste artigo xustifícase o motivo polo que aparecen desgastes localizados na agulla recta dos desvíos, cando as circulacións o atravesan pola vía directa. Este fenómeno foi estudado mediante o desenvolvemento dun modelo dinámico orixinal, cuxa base teórica preséntase no artigo. Este modelo permite analizar a influencia de certos parámetros (velocidade, espesor mínimo da agulla para permitir o apoio das rodas, radio da vía desviada) no fenómeno, proporcionando información moi útil para mellorar o deseño do cambio.

Finalmente, no artigo descríbense os dous sistemas (coñecidos como FAKOP y CATFERSAN), que melloran o movemento dos vehículos ó atravesar o cambio.