RESUMO
Cando un eixe aborda o
cambio dun
desvío ferroviario, dado pola vía directa, o
punto de
contacto roda-contraagulla curva desprázase cara ao exterior
da roda
pola presencia da agulla recta. Este desprazamento do punto de contacto
provoca no eixe un movemento perturbador que pode chegar a esgotar o
xogo de vía, solicitando lateralmente a agulla recta nunha
zona
de lonxitude variable, cos conseguintes descensos na comodidade dos
viaxeiros e na vida útil do desvío. Os autores
desenvolveron un modelo dinámico que permite simular a
circulación del AVE/TGV Atlantique sobre o cambio dun
determinado desvío, analizando o comportamento do seu bogie
dianteiro. Neste modelo analízase a influencia da velocidade
de
circulación do vehículo, o radio da
vía desviada
do desvío e o grosor mínimo da agulla para
permitiren o
contacto de apoio da roda.
Descarga
do texto completo