NOVAS
Proxecto Técnico de Noelia Fernández.
O pasado 11 de Xullo, Noelia Fernández, estudante do Máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC,
defendeu o seu Proxecto Técnico titulado "Análisis comparativo y optimización estructural de diferentes configuraciones de jacket para
eólica offshore".
Neste proxecto, dirixido polos profesores Ignasi Colominas e Iván Couceiro, Noelia propón novos modelos de subestructuras para instalacións
de sistemas de enerxía offshore así como unha reducción dos costes asociados mediante unha optimización do peso das estructuras propostas. O estudo céntrase tamén
na comparación dos modelos optimizados de dúas tipoloxías concretas: jacket de tres e catro apoios.
Noticia --
Noticia
Defensa da tese de doutoramento de Antonio Eirís Barca.
Antonio Eirís Barca defenderá a súa tese de doutoramento "From Mesh to Meshless: A generalized meshless formulation
based on Riemann solvers for Computational Fluid Dynamics" o vindeiro 24 de Marzo.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores Xesús Nogueira e Luis Ramírez.
A defensa terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade
da Coruña ás 11:30. O tribunal estivo formado polo profesor Fermín Navarrina da UDC,
o profesor Luis Cueto-Felgueroso da Universidade Politécnica de Madrid e o profesor
Sofiane Khelladi da HESAM Université.
Defensa da tese de doutoramento de Manuel Ruiz.
Manuel Ruiz defenderá a súa tese de doutoramento titulada
"Impact of dynamic axle loading on the service life of flexible pavements" o vindeiro 25 de Febreiro.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores Luis Ramírez e Fermín Navarrina.
A defensa terá lugar na Escuela Técnica e Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da
Universidade da Coruña ás 11:30. O tribunal estará formado poloprofesor Ignasi Colominas da UDC, a profesora Margarita Martínez da
Universidad Politécnica de Cataluña e o profesor Eugenio Pellicer da Universidad Politécnica de Valencia.
Jornada: Los bancos y la financiación de los grandes proyectos.
Este soves 24 de Febreiro o GMNI, en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e o
Consello Galego de Enxeñerías, organizan unha xornada na que intervirá Mario Aymerich. O acto, é de asistencia libre previa inscripción
( link ) e poderá seguirse
de maneira presencial no Hotel AC de A Coruña ou a través de Zoom.
2021
Big Data e Inteligencia Artificial: Oportunidades Laborales en Ingeniería.
O vindeiro xoves 2 de Decembro terá lugar a conferencia "Big Data e Inteligencia Artificial: Oportunidades Laborales en
Ingeniería" no Salón de Actos da Escola Técnica e Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.
Esta conferencia está organizada polo GMNI en colaboración coa empresa
SDG Group e contará coa participación e as ponencias do Dr. Andrés Soage, a ex alumna da
Escuela Rocío Barro e Antonio Torrado.
A conferencia poderase seguir
online mediante a plataforma Microsoft Teams.
Seminario "Towards the assessment of fatigue damage on offshore steel structures using numerical simulations".
Este venres 26 de Novembro terá lugar o seminario "Towards the assessment of fatigue damage on offshore
steel structures using numerical simulations", impartido por Ahmad Towaiq.
O seminario terá lugar no Laboratorio de Cálculo Numérico da Escola Técnica e Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.
Defensa da tese de doutoramento de Diego Villalba.
Diego Villalba defenderá a súa tese de doutoramento titulada "Topology optimization of structures with high spatial definition
considering minimum weight and stress constraints" o próximo 1 de Xuño.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores José París e Fermín Navarrina.
A defensa terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade
da Coruña ás 16:00. O tribunal estará formado polo profesor Santiago Hernández da UDC, o profesor Elías Cueto da Universidade de Zaragoza e o profesor
Eugenio Oñate da Universidade Politécnica de Cataluña.
Defensa de la tesis doctoral de Manuel Andrés Soage Quintáns.
Manuel Andrés Soage Quintáns defendeu a súa tese de doutoramento "A numerical modeling framework for the optimization
and economic analysis of unconventional gas production" o pasado 20 de Maio.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores Ignasi Colominas e Luis Cueto-Felgueroso.
A defensa tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade
da Coruña ás 11:00. O tribunal estivo formado polo profesor Fermín Navarrina da UDC,
o profesor David Santillán da Universidade Politécnica de Madrid e o doutor
David Castiñeira de Hess corporation.
Manuel Casteleiro, in memoriam.
O xoves día 22 de abril de 2021 faleceu no seu domicilio da Coruña o Profesor Manuel Casteleiro á idade de 74 anos. O Profesor
Manuel Casteleiro era Enxeñeiro de Camiños, Canais e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e Máster e Doutor polas universidades norteamericanas
de Wisconsin-Milwaukee e Northwestern, respectivamente. Trala súa volta a España en 1975 e ata 1992 desenrolou a súa labor como catedrático na Escola
Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidad Politécnica de Cataluña en Barcelona, na construción e consolidación da cal
interveu moi activamente e de forma significativa.
Entre outros cargos académicos, neste período foi vicerreitor de profesorado e director (fundador) do Departamento de Matemática Aplicada III. En 1992 trasladouse a
Galicia, onde continuou a súa labor como catedrático na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, nesta mesma cidade.
O seu talento, experiencia e a súa visión universitaria deixaron a súa pegada nesta nova Universidade, da que tamén foi vicerreitor de profesorado, e foron cruciais na
etapa fundacional desta nova Escola, da que foi director entre 2005 e 2013. Con motiva da súa xubilación en 2017 foi nomeado profesor emérito da Universidade da Coruña,
en cuxa Escola de Enxeñeiros de Camiños seguiu traballando ata fai unhas semanas, cando a súa saúde se quebrou súbita e definitivamente.
Manolo, como era coñecido polos seus familiares, amigos e discípulos, era un profesor extraordinario que influíu enormemente na formación de mais de 40
promocións de enxeñeiros nas dúas Escolas ás que dedicou a súa vida. Coidou con agarimo a súa faceta docente, formando a miles de enxeñeiros en Estatística, a materia que
impartiu curso tras curso nas escolas de Barcelona e da Coruña. Á súa claridade de ideas e á súa capacidade expositiva Manolo engadía un don reservado a poucos profesores:
dende as primeiras palabras cativaba aos seus oíntes co ton da súa voz, coa súa enorme seguridade, coa velocidade exacta e coas paradas xustas para facer de cada clase un
intre inesquecible.
Manolo era un brillante investigador, recoñecido internacionalmente, que impulsou os métodos numéricos e as súas aplicacións en Enxeñería e formou a
científicos que lideran hoxe grupos de investigación do máximo nivel en todo o mundo. E foi tamén un gran xestor académico nas dúas universidades nas que prestou os seus
servicios e un dos principais promotores do Centro Internacional de Métodos Numéricos en Ingeniería (CIMNE) e da Sociedad Española de Métodos Numéricos en Ingeniería
(SEMNI) da cal foi presidente entre 2003 e 2008. Ao tomar posesión dun dos seus cargos comprometeuse a que as súas actuacións estarían presididas unicamente por criterios
académicos , polo respecto cara ás persoas e co afán posto no interese xeral. Así o fixo ao longo de toda a súa vida.
As grandes personalidades son faros que alumean mais aló do puramente profesional. Manolo era un home profundo e inspirador e unha gran persoa. Amaba a
vida. Detrás da súa impoñente presencia agochábase un cacho de pan. E sempre loitou para melloralo mundo utilizando a ciencia, a técnica e a tecnoloxía como únicas armas,
e a pureza académica e a honestidade persoal como marco de referencia. Quen tivemos a sorte de traballar con el aprendemos moito ao seu carón, botarémolo en falta e o
recordaremos.
Descanse en Paz
2019
Defensa da tese de doutramento de Francisco Javier Fernández Fidalgo.
Francisco Javier Fernández Fidalgo defenderá a súa tese de doutoramento titulada "Computational simulation of compressible flows: A family of very efficient and
highly accurate numerical methods based on Finite Differences" o vindeiro 7 de Novembro.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores Xesús Nogueira e Ignasi Colominas.
A defensa terá lugar na Escola Técnica e Superior de Enxeñeiros de Camiños,
Canais e Portos da Universidade da Coruña ás 11:00. O tribunal estará formado polo profesor emérito Manuel Casteleiro da UDC,
o profesor Luis Cueto-Felgueroso da E.T.S. de Ingenieros de Caminos Canales Y Puertos da Universidad Politécnica de Madrid e o doutor
Raphaël Loubère, investigador CNRS na Université de Bordeaux.

Conferencia de Pablo Ouro.
Esta semana, Pablo Ouro dará a conferencia "Large-Eddy Simulation in turbulent hydro-environmental flows and offshore renewable energy."
A conferencia terá lugar o vindeiro 6 de Xuño as 12:00 na Sala de Visualización do CITEEC.
O
Dr. Pablo Ouro é profesor de hidráulica computacional na Universidade de Cardiff, Reino Unido. Graduouse como Enxeñeiñro de Camiños,
Canais e portos na Universidade da Coruña en 2013. De seguido, traballou como enxeñeiro de estruturas no
Grupo de Mecánica de Estruturas na mesma universidade durante
seis meses. No verán de 2013, uniuse ao grupo de investigación en hidráulica da Universidade de Cardiff para realizalo seu doutoramento que finalizou en 2017. Neste período,
Pablo traballou en aplicacións de large-eddy simulation a fluxos turbulentos, interacción fluido-estrutura, turbinas mariñas offshore, ou high-performance computing. No seu
período doutoral recibiu o premio J.F. Kennedy no 35º Congreso da IAHR en Delft e participou no concurso Reynolds Osborne na Universidade de Manchester en 2016 e 2017. Acadado
o doutoramento, foi postdoc no proxecto Supercomputing Wales por 18 meses na Escola de Enxeñería da Universide de Cardiff, na cal expandiu as súas áreas de interese a turbulencia
en superficies fractais, direct numerical simulation e paralelización na nova arquitectura ARM. Dende Xaneiro de 2019 é Lecturer no grupo de hidráulica da Universidade de
Cardiff traballando no desenvolvemento dun simulador dixital de granxas de turbinas offshore e no deseño de turbinas de eixo vertical para áreas de velocidades medias.
2018
A tese de Iván Couceiro Premio ANCI 2018.
A Asociación Nacional de Constructores Independientes (ANCI)
otorgou o "Premio ANCI a Tesis Doctorales 2018" á tese de Iván Couceiro, dirixida polos profesores José París e Fermín Navarrina e
defendida o pasado 4 de Maio obtendo a calificación de Sobresaínte Cum Laude.
Click
aquí para ler a entrevista co premiado na prensa.
GMNI-PhD Workshop 2018.
O próximo xoves 25 de Outubro celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
da Universidade da Coruña o seminario de métodos numéricos para estudantes de doutoramento do GMNI. Fai click no
programa para ver máis información.
Defensa da tese de doutoramento de Guillermo Lorenzo.
Guillermo Lorenzo defenderá a súa tese de doutoramento titulada "Tissue-scale, patient-specific modeling and simulation
of prostate cancer growth" o próximo 25 de Xuño.
A tese de doutoramento foi dirixida polo profesor Héctor Gómez.
A defensa terá lugar naEscuela Técnica e Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da
Universidade da Coruña as 11:00. O tribunal estará formado polo profesor Fermín Navarrina da UDC, a profesora Carlotta Giannelli da
Università degli Studi di Firenzi e a profesora Alicia martínez da Universidad de Castilla La Mancha.
Defensa da tese de doutoramento de Iván Couceiro.
Iván Couceiro defenderá a súa tese de doutoramento titulada "Structural optimization of steel jackets for offshore wind turbines
considering dynamic response and fatigue constraints" el próximo 4 de Mayo.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores José París e Fermín Navarrina.
A defensa terá lugar na Escola Técnica e Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da
Universidade da Coruña as 12:30. O tribunal estará formado polo profesor Manuel Casteleiro da UDC, o profesor Eugenio Oñate daa UPC (CIMNE) e o Doutor
Santiago Martínez.
Defensa da tese de doutoramento de Raquel Guizán.
Raquel Guizán defenderá a súa tese de doutoramento titulada "A general formulation for computational design of grounding systems in underground
electrical substations" el próximo 3 de Mayo.
A tese de doutoramento foi dirixida polos profesores José París e Ignasi Colominas.
A defensa terá lugar naEscuela Técnica e Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da
Universidade da Coruña as 11:00. O tribunal estará formado polo profesor Fermín Navarrina da UDC, o profesor Elías Cueto da Universidad de Zaragoza e o Profesor
Jesús Fraile da Universidad Politécnica de Madrid.
2017
Manuel Casteleiro premio Zienkiewitz da sociedade española de métodos numéricos en enxeñería.
O profesor Manuel Casteleiro recibió o pasado 5 de Xullo, durante o Congreso de Métodos Numéricos en Ingeniería (CMN2017),
o premio SEMNI O.C. Zienkiewitz que otorga a Sociedad Española de Métodos Numéricos en Ingeniería.
Trátase da maior distinción que otorga esta sociedade a investigadores cunha traxectoria profesional que
se considere especialmente relevante no ámbito dos métodos numéricos en enxeñería e as súas aplicacións, e cunha
influencia determinante na difusión dos métodos numéricos a nivel mundial e particularmente en
países de fala hispana.