Cartolab 2007 Curso práctico de
Sistemas de Información Xeográfica

Castellano Galego

Presentación Curso Práctico de SIG 2007

Benvido á páxina do Curso Práctico de Sistemas de Información Xeográfica 2007.
Os Sistemas de Información Xeográfica (SIG) son unha tecnoloxía que está experimentando unha gran expansión en múltiples disciplinas e ámbitos de estudo. Neste curso, os asistentes obteñen unha visión global dos SIG na actualidade e aprenden mediante actividades prácticas, enfocadas principalmente á enxeñería civil, as nocións básicas para o emprego destes instrumentos de análise territorial.

O software usado no curso foi fundamentalmente gvSIG, que se presenta como unha das alternativas con maior proxección a nivel mundial cun estrito seguimento de estándares internacionais. Cada alumno contou no aula cun computador para realizar as actividades propostas polos profesores do curso e facilitouse todo o material necesario para o perfecto seguimento dos contidos.

O desenvolvemento do curso foi altamente satisfactorio tanto para os asistentes ( ver resultados das valoracións ) como para os organizadores, polo que intentaremos volver organizar cursos similares no futuro, así como outros onde se profunde máis nalgunhas das funcións de análises dos SIG. Agradecemos a participación e interese demostrado e esperamos ter a oportunidade de compartir novamente o interese por esta tecnoloxía.

Datas: Do luns 9 ao xoves 12 de Xullo de 2007
Lugar: Aula de Informática da Escola de Camiños (Planta Baixa)
Dirección: Escola de Camiños, Campus de Elviña s/n, A Coruña (España)
Horario: De 9h a 14h sesión tutorizada -- 16 h a 19 h (sesión práctica libre)
Duración: 30 horas
Prezo: 50 euros

9-12 Xullo 2007
Escola de Camiños
A Coruña, Campus Elviña

Organiza:

Caminos

Organiza Cartolab: Laboratorio de Ingeniería Cartográfica do Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación